Friday 10 de May de 2024

O Concello de Moeche entrega lotes de libros en galego na Casa Niño e na Casa do Maior


O Concello de Moeche tamén celebra a semana das Letras Galegas na Casa Niño Irmandiños e na Casa do Maior Casabranca. A alcaldesa, Beatriz Bascoy, e a concelleira de Cultura, Iria Couce, achegáronse este mércores até as instalacións de ambos servizos para entregarlles cadanseu lote de libros en galego, co obxectivo de que poidan ir creando a súa propia bilioteca.

Segundo Iria Couce, na Casa Niño -que ten as prazas completas- deixaron contos “para que as primeiras letras sigan chegando no noso idioma, contos para aprender os nomes á mesa, as palabras para os sentimentos, ou tamén contos ‘para tirar o chupete’ como nos dixo unha das nenas”.

Na Casa do Maior, que de momento conta con tres usuarias, o lote de libros xuntou títulos “sobre as nosas lendas, o humor de Castelao, pasatempos e adiviñas, textos de Rosalía de Castro e, como non, tamén lles entregamos un exemplar dunha das obras do homenaxeado das Letras Galegas 2022, Florencio Delgado Gurriarán”, comenta a concelleira.